UN DÍA DE FORMIGA, musical infantil de Eisenhower Moreno neste sábado completa o seu 1º mes en carteleira.
Unha producción que chega a Galiza despois de unha tempada de oito anos na principais cidades de Brasil, reúne 22 coreografias e actores que cantan 14 cancións en directo.
Un espectáculo para todala familia.
Con Eisenhower Moreno e Marta Villar.
Sábados e domingos 18 hs.
Prezo único : 10 euros
ATENCIÓN
Na véspera de Festivo e Festivo, 05, 06 e 07 de decembro ás 18hs de Un día de Formiga e ás 22 hs.
TEATRO ARTE LIVRE
RÚA VAZQUEZ VARELA, 19
TEL : 986 11 44 44
www.tal2005.com
A estoria de Un Día de Formiga
Era unha vez Historildo un auténtico contador de historias que desexaba conquistar novos mundos coas súas historias, porque a fraga onde vivía quedou pequena para os seus soños. A Profesora SabeTodo(O ser mais intelixente da Fraga) e as súas fórmulas máxicas axudan a Historildo a embarcar nunha fascinante aventura. Revelando así a Formiceira, a formiguiña doceira, que naquel día, estaba rematando de facer os doces do aniversario do León, cando faltou azucre. Inmediatamente a formiguiña sae en busca do azucre, cando é sorprendida por unha tempestade de neve. A partir dese momento a formiga se envolve en inusitadas situacións e cos mais dispares personaxes que marcarán todo a historia súa vida.